20080926


Ourense celebra, entre o vindeiro 1 e o 19 de outubro, a vixésima edición das súas Xornadas de Banda Deseñada. Desta volta, Rachel Deville, Enrique Flores, Filipe Abranches e Roque romero protagonizan as mostras individuais. Os traballos de David Rubín e Miguel Porto adaptando respectivamente Romeo e Xulieta e Tirant lo Blanc protagonizan unha exposición conxunta. Finalmente, tamén se poderán ver os traballos gañadores do certame GZ Crea e mais do premio INJUVE 2007, e unha histórica cos carteis das xornadas e as capas do fanzine que se publica en cada edición. Ademais, a organización anuncia presentacións, entrega de premios e encontros cos autores, ademais de sesións de cinema de animación.

No hay comentarios: